FGA

Patrocinadores Oficiais
Proveedores Oficiais
Destacados

                             Entrevistas Atletismo Galego   Atletismo Popular  

AutoViewer requires JavaScript and the Flash Player. Get Flash here.
[gal][cast]
 

 

 

 

 





AL[M][F] PC[M][F]
Actualidade do Atletismo Galego
27/01/2012
A Asemblea Xeral Ordinaria terá lugar o vindeiro sábado 18 de febreiro

Xa está fixada a data da vindeira Asemblea Xeral Ordinaria, mailo o alto número de competicións que estanse a disputar nestes meses, a convocatoria da Asemblea Xeral que sairá publicada o vindeiro luns está prevista para o sábado 18 de febreiro no Hotel Congreso en Santiago de Compostela. Como ven sendo habitual, haberá unha sesión de distintas reunións das comisións de atletas, xuíces, adestradores e Xunta Directiva e Comisión Delegada. Para que despois xa na tarde se celebre a Asemblea Xeral ca presenza dos clubes, atletas, adestradores e xuíces galegos.

 
26/01/2012
CTO. GALEGO JUNIOR, PROMESA E ABSOLUTO DE CAMPO A TRAVES, INDIVIDUAL E POR EQUIPOS-I CROSS DE COMPOSTELA CONCELLO DE SANTIAGO

O domingo 29 de xaneiro celebrarase no circuito do Monte do Gozo o I Cross de Compostela que será a súa vez Campionato Galego de Campo a Través Junior, Promesa e Absoluto individual e por equipos.
Neste Cross onde haberá probas para todas as categorías (escolares e adultos) daranse cita os mellores fondistas galegos da especialidade dos que sairán os seleccionados para representar a Galicia no Campionato de España por Autonomías a celebrar en Gijón (Asturias) o domingo 4 de marzo.
As probas comenzarán as 09:45 coas categorías cadete e xuvenil e continuarán cos infantiles para culminar as probas escolares coa benxamín-alevín conxunta (10:45). AS probas do Campionato Galego darán comenzo as 11:10 coa junior femenina; a continuación, ás 11:40 disputarase a junior masculina, para pasar finalmente as probas absolutas femenina (12:15) e masculina (13 horas).
O Concello de Santiago de Compostela será o patrocinador da proba, o cal a través do seu Departamento de Deportes tratará de retomar a celebración deste Cross que tanto éxito tivo en anteriores edicións.

"LEMBRAMOS QUE A PROBA ABSOLUTA FEMENINA DISPUTARASE ÁS 12.15 HORAS e A PROBA ABSOLUTA MASCULINA ÁS 13 HORAS"  Regulamento I Cross de Compostela-  Planos circuito e serviciosCircular Campeonato Galego          INSCRITOS

 
26/01/2012
Campionato Galego Absoluto en pista cuberta

O próximo sabado dia 28 nas instalacións do Pazo dos Deportes da Coruña, celébrase o campionato galego absoluto en pistas cuberta, onde se darán cita os mellores atletas nas distintas disciplinas atleticas.
Modificación Horario:
Unha vez revisadas as inscricións a organización efectuou cambios no horario circulado para o campionato.
Os cambios son os seguintes:
. Non se efectuarán eliminatorias de 50 m.l. mulleres e en 200 m.l. en homes - mulleres.
. Non se celebrarán semifinais de 800 en homes e mulleres
. As eliminatorias de 50 celebraranse ás 11.15 horas.
. A pértega de homes ás 11.30 horas.
. As semifinais de 200 mulleres serán ás 13.15 horas
. As semifinais de 200 homes serán ás 13.30 horas.
Atletas inscritos

 
25/01/2012
A Coruña acolle este domingo a Marcha pola Integración

A Fundación Repsol en colaboración co Concello da Coruña organizan este domingo día 29 a Marcha pola integración. A mesma terá lugar ás 12:00 horas na Torre de Hércules e transitará por distintas rúas coruñesas a través dun circuito de 5 kilómetros tendo a meta na Praza de María Pita. Este evento solidario ten como principal obxectivo cubrir o compromiso social da Fundación Repsol co colectivo de persoas con diversidade funcional. (Mais información en www.fundacionrepsol.com)

 
23/01/2012
Criterium e Campionato Galego de combinadas de inverno

O fin de semana celebrouse nas pistas do Centro de Tecnificación de Pontevedra, o Criterium galego de combinadas de inverno, conxuntamente co Campionato Galego de Combinadas, para as categorias cadetes e xuvenís e o galego de pentatlón de veteranos
O criterium estivo dominado polo atleta da Sociedade Gimnastica David Ferrer, cunha puntuación final de 4086 puntos, e Alicia Merino del San Fernando Lucus con 3027 puntos.
Nos referente ao campionato galego de combinadas de inverno nas categorias cadete e xuvenís os Titulos foron para Adolfo Saenz-Maza do ADÍES e Aitana Leçuicano Rodriguez del Ourense A. Postal, na categoria xuvenil.
Os vencedores na categoria cadete foron Antonio Raña Fraga del Silva e Claudia Rojo Cazorla del Ria Ferrol.
No pentatlón de veteranos resultaron vencedores Roberto Faya do ADÍES na categoria M35; Alberto Vázquez del Comesaña en M45 e Luis Manuel Eyre del Universidade de Santiago en M60.
En mulleres a vencedora foi Piar Regueiro Golán del Silva na categoria F45
Resultados

 
23/01/2012
Publicado o informe do sector do Sector de Lanzamentos da FGA

Na pasada semana publicouse na sección de Lanzamentos da web da FGA un informe feito polo adestrador Raimundo Fernández, neste informe recóllese a memoria do ano 2011 e os obxectivos do sector para a tempada 2012. Salientar o gran nivel dos atletas galegos nestas modalidades. Entre as diversas conclusión deste documento atópase a seguinte: "Cuantitativamente, Galicia coloca hasta 13 lanzadores entre los diez primeros puestos, según ranking nacional Top 10 de sus respectivas especialidades, 9 hombres y 4 mujeres. Destacando notablemente los 6 que aporta la especialidad de lanzamiento de jabalina, y más concretamente 5 en categoría masculina. Así mismo, resaltar la falta de representación gallega en el Top Ten de peso hombres y martillo mujeres." Podes consultar o informe facendo (click aqui)

 
23/01/2012
A Maratón A Coruña 42 recibe máis apoio na súa difusión por parte de recoñecidas webs

A web do mundo do atletismo popular www.corredorespopulares.es  publicita dende hoxe na súa páxina web a Maratón A Coruña 42. A FGA está traballando neste sentido para que a información deste evento chegue a todo o mundo.

 
22/01/2012
II Circuíto galego de marcha atletica Josefina Romero.

A tempada de marcha atlética arrancou o domingo nas pistas de Balaídos en Vigo, nunha mañá soleada, con condicións óptimas. A primeira xornada deste circuíto dedicado á memoria da xuíz Josefina Romero contou cunha discreta participación, con ausencias dalgunhas das figuras máis representativas da especialidade. No caso dos máis pequenos, prexudicou o feito de que no Morrazo se disputase o zonal de campo a través.
Sobre unha distancia de 5 km os gañadores absolutos foron Armando Pereira (RCCV), cun tempo de 22.45.8 e Rocio Carbia (OAAP), en 25.26.2. En categoría infantil-cadete, con 3 km de percorrido, Brais Prieto, 16.35.6 e Carmen Escariz, 15.50.1, ambos os dous do Cuntis. Os benxamíns David Tosar (Cuntis) e Lucía Fernández (ADAS) percorreron 1 km en 7.58 e das crías, destacou Roberto Vieiro (Cuntis) en 2 km.
En xeral, boas sensacións para os atletas habituais, que terán unha importante cita o 4 de marzo en Pontevedra, sede do Campionato de España de marcha.

A vindeira xornada celebrase o Campionato Galego de Marcha en ruta en Pontevedra   Resultados

 
22/01/2012
Excelente participación no Campionato Galego de veteráns disputado hoxe na Pobra do Caramiñal

A Pobra amaneceu no día de hoxe cun día soleado e centos de atletas veteráns cunha gran motivación para afrontar o Campionato Galego da súa categoría na modalidade de campo a través. O campionato contou cunha excelente organización que coidou en todo momento todos os detalles para o éxito da competición.

Os vencedores e Campións Galegos da tempada 2011/12  nas distintas categorías foron os seguintes: Patricia García e Rafael Fuentes (35), Mª de las Mercedes e Alejandro Gómez (40),  Soledad Castro e Manuel Vigo (45), Luisa Lalín e Santiago Estevez (50), Carmen Rodríguez e Javier Toro (55), Olga Romero e Jose Luis Otero Cepeda (60), Antonio Hernandez (65). Antonio Cabana (70) e Enrique Río (75). Na clasificación por equipos (35-40)  victoria para o Comesaña Sporting Club na categoría feminina e Ourense Atletismo Academia Postal na masculina. (ir a noticia ampliada)      Resultados

 
20/01/2012
Terceira e última xornada no módulo de Ourense.

Os atletas galegos aproveitaron a terceira e derradeira xornada disputada no módulo cuberto de Ourense para tentar mellorar os seus rexistros. A falta de mellores instalacións axeitadas para o inverno, esta é unha boa oportunidade para competir baixo teito, que se completa cos campionatos galegos a celebrar no Palacio dos Deportes de A Coruña.
Alfonso Palomanes voltou á competición tras unha lesión que o mantivo afastado dende xullo. Un mellor salto de 15.06m é o seu pasaporte para comezar a tempada. Por diante virán citas tan importantes coma o Gran Premio CAI Ciudad de Zaragoza ou o absoluto de Sabadell.
En salto con pértega destacou Santi Ferrer, con 4.42m, preparando a súa participación no promesa de Antequera.
Citar a, Alba Fernández Lozano , con 9.52 en 60mv e Alba Martinez 8.08 en 60m, e Aitana Leguiçano, 9.87 en 60mv. Resultados

Flor Currás

 
19/01/2012
Campionato Galego de Cross Veteráns - III Cros Concello A Pobra

O domingo 22 de xaneiro disputarase no circuito da praia de Cabío en A Pobra do Caramiñal, o III Cross Concello da Pobra que será a súa vez Campeonato Galego de Veteráns de Campo a Través. A Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza estará un ano máis a cabeza da organización dun Cross que terá probas para todas as categorías a partir das 10 horas da mañá.        INSCRITOS X CLUBES

Regulamento Cross A PobraCircuitoCircular Cto. Galego Veterans

 
19/01/2012
Fin de semana de combinadas en Pontevedra, conxuntamente coa I Xornada do Trofeo super Froiz

O fin de semana celébrase en Pontevedra o Criteirum Gallego de Combinadas de inverno para as categorias Júniors, Promesa e Absoluto, conxuntamente co Galego de Combinadas Cadete e Xuvenil e o Galego de Pentathlon de veteranos.
A competión dará comezo o sábado dia 21 en xornada de mañá a partir das 10,30 horas. Circular Combinadas
A xornada completarase  coa disputa da I Xornada do XXV Trofeo super Froiz con varias probas do calendario, a partir das 12,00 horas Horario Trofeo
A competición de combinadas continuará o domingo dia 22 en xornada de mañá coa mayoria das probas que forman as probas combinadas Circular Combinadas    Inscritos combinadas       Resultados:I Xornada Combinadas      Resultados Trofeo Super Froiz

 
19/01/2012
Vigo: Acolle a I Xornada do II Circuíto Galego de Marcha Atletica

O próximo domingo dia 22 nas pistas de Balaidos de Vigo celébrase a I Xornada do II Circuíto Galego de Marcha Atletica Josefina Romero..
O circuíto foi creado co obxectivo de impulsar a participación nesta disciplina atletica en todas as categorias de ambos os dous sexos e recordar á nosa compañeira a xuíz de marcha Josefina Romero.
O circuíto contará con 5 xornadas que se disputarán nas seguintes sedes e datas:
1ª 22 Xaneiro en Vigo; 2ª 5 Febreiro en Pontevedra; 3ª 19 Febreiro en Vilagarcia; 4ª 24 Marzo en Cuntis e 5ª o 9 de Xuño na Coruña. Circular - Inscritos

 
16/01/2012
Celebrados cun gran éxito e participación os primeiros campionatos de campo a través

A tempada de campionatos galegos de campo a través iniciouse onte no Circuito de Monterrei en Ourense. O Cto. Galego de cross corto, o Memorial Alejandro Lorenzo e o Cto. Galego cadete-xuvenil de cross congregaron a perto de 1000 atletas practicantes desta modalidade.

Maila que a choiva e o frío fixo acto de presencia, especialmente nas primeiras carreiras, os distintos campionatos gozaron dun bo ambiente e unha gran expectación. A primeira carreira benxamín foi gobernada por Belén García e Jonás Redondo, ambolos dous do Club ADAS. Por equipos, victoria para o Franciscanos (mulleres) e Atletismo Vila de Cangas (homes). Na carreira alevín masculina impúxose Leonardo Giovani (Sociedade Atlética Val Miñor) e Lucía López do Franciscanos de Lugo. Na clasificación por equipos doblete da Agrupación Deportiva Barbanza que subiu ao máis alto do podium en ambos sexos. No trocante á carreira infantil, victoria para Iria Rodriguez (At. Porriño) e Lorenzo Fernández (Sociedade Atlética Val Miñor), sendo o primer posto por clubes para a Agrupación Deportiva Barbanza (mulleres) e Sociedade Atlética Val Miñor (homes).

A media mañá disputábase o Cto. Galego cadete e xuvenil, sendo esta competición válida para formar parte da selección galega que participará nos vindeiros campionatos de España de campo a través a disputar na Coruña. En categoría cadete o ouro foi a parar para Uxía Pérez do Club Atletismo Tui, quen fixo unha gran demostración do bo estado de forma. Na clasificación masculina ouro para Miguel González do Franciscanos de Lugo. Na categoría xuvenil, o título de Campiona Galega foi para Carmela Cardama do Comesaña Sporting Club, que se distanciou da subcampiona galega notablemente. Na clasificación masculina medalla de ouro para José González do ADAS. Por equipos, a clasificación foi a seguinte, en mulleres, 1ª San Fernando Lucus (cadetes) e 1ª Sociedade Atlética Val Miñor (xuveniles). Mentres que en homes, 1º Franciscanos de Lugo (cadete) e Agrupación Atlética do Sil (xuveniles).

Por último, e para a rematar a o campionato, os mellores atletas absolutos de campo a través, daríanse cita nunha carreira moi rápida na que había que acadar a mellor puntuación para os distintos equipos. Victoria para o  Comesaña Sporting Club (mulleres), equipo que logrou acadar unha fantástica puntuación moi distanciado do segundo clasificado, e no trocante a clasificación masculina o galardón foi para a Agrupación Deportiva do Sil, seguida a tan só 2 puntos da Sociedade Gimnástica de Pontevedra. A victoria individual neste campionato foi para Sandra Mosquera Losada (CSC) e Khalid Merroune (ADAS). (Resultados)

 
15/01/2012
II Xornada Torneo de Inverno 2012.

O Estadio de Atletismo de Balaídos acolleu o sábado a 2ª xornada do Torneo de inverno en pista, con importante participación, aínda que non tan numerosa como a semana anterior. Nunha mañá moi fría e húmida, as marcas víronse condicionadas pola temperatura e non se conseguiron grandes rexistros, en xeral.
Cabe destacar como excepción o rexistro de Carlos Porto, que correu os 1500 m en 3.57.09, mínima para o nacional júnior. O céltico contou coa valiosa axuda do seu compañeiro Ismael Costas, que exerceu de lebre durante 1100 m. Ambos os dous adestran baixo a dirección técnica de Virgilio G. Barbeito.
O atleta olímpico David Gómez participou en 60 m valos, 8.78; peso, 13.20 e altura, 1.77 m, á espera da súa probable convocatoria para participar coa selección española de probas combinadas no torneo de cinco nacións a disputar en Praga a finais de xaneiro.
Entre as mulleres, destacar os 47.96 m de Sara Arosa (Celta) en lanzamento de martelo, un bo rexistro para o comezo de tempada. Noelia Ferradanes asegurouse a particpación no Campionato promesa cun lanzamento de 43.86 m En 400 m lisos, duelo entre Lidia Casal, 59.97 e Esperanza Caldas, 1.00.36, ambas as dúas do RIA de Ferrol.
Patricia Carballo (COCO) foi a máis rápida en 60 m, cun tempo de 8.08 segundos, marca mínima para o campionato de España xuvenil, ao igual que a de Pablo Castro (Vina Cangas) en peso, 15. 52m. En 400 m destacou outro xuvenil, Juan José del Río, do ADÍES, 52.21. O júnior David Barreira do ADÍES impúxose en salto de altura con 1.86 m.
Dos cadetes, resaltar a actuación de Darío Costas (Morrazo) cun salto de 1.71 m en altura, mínima cadete para o nacional de Oviedo, que ademais fixo un tempo de 7.66 en 60 m. Tamén do At. Morrazo, Laura Chapela, con 8.31 en 60 m roza a marca esixida, ao igual que Víctor Pérez (AVA) que lanzou o martelo de 4 kg a 40.87 m, marca coa que encabeza o ranking de España.   Resultados

Flor Currás

 
15/01/2012
Campionato Galego de Veteranos: Maria Jesús Sanguos gran protagonista ao mellorar as marccas nacionais de 200 e 400

Celebrouse o sábado no remoderado pazo dos deportes da Coruña, o campionato galego de veteranos.
O campionato non defraudou e no déronse cita atletas de todas as categorias de veteranos e a grande protagonistas foi Maria Jesus Sanguos Espiña del Comesaña Soprting Club de Vigo, que logrou mellorar as marcas nacionais de 200 e 400 metros cuns rexistro de 30.80 e 1.13.63 na categoria de W55.
Aínda puido ser maior a demostración do poderio de Chus ,al non poder participar nos 50 metros valos debido a unhas pequenas molestias.
Chuvia de mellores marcas
Un total de 11 mellores marcas foron as conseguidas polos homes durante toda as xornada as cales foron conseguidas por:
Jose Manuel Gonta del Silva, en 50 valos con 8.75 (M45).Xulio Ventin Rivas do ADÍES (m50) en altura con 1,45; pértega 3,30 e peso con 12,52 mtos. Manuel Vigo del Milladoiro en 1500 con 4.25.38 (M55). Luis Nogueira do ADÍES en lonxitude con 5,12 e peso con 10,27 (M55)Luis Manuel Eyre do USC (M60) en triplo con 7,91. Salvador Patiño del Corredoiras, en lonxitude con 3,98 (M60) Antonio Cabana do EGO en 400 con 1.21.06 (M70) Enrique Rio do EGO en 50 con 12.07 (M75)

Á parte das mencionadas mellores marcas nacionais de Chus Sanguos, as mulleres tambien tiveron unha boa actuación no Campionato logrando un total de 9 mellores marcas galegas.
Monserrat Riveiro, do Celta (W35) en Altura con 1,59, lonxitude con 5,02 e Triplo Salto con 11,21. Maria José Sanromán da SGP en peso con 10,30 )W40).Pilar Regueiro del Silva (W45) en 50 lisos con 7.91. Cristina Estevez del Celta (W35) en 400 con 1.05.34. Rosario Sureda do ADÍES en lonxitude con 4,67 (W45)Esther Pedrosa, do USC, en 3000 con 10.57.63 (W50), Olga Romero del Comesaña en lonxitude con 3,11 (W60).
Como colofón interveu fóra de concurso Belen Toimil Fernandez, na proba de peso, logrando unha marca de 14,04 metros, que supón nova mellor marca galega na categoria júnior.
A marca de Belén demostra o grande incio de tempada de Belén no seu primeiro ano na categoria, e referenda a súa marca de 14,10 ao aire libre de fai uns dias en Ferrol  Resultados      FOTOS

 
12/01/2012
A Revista Planeta Running súmase a lista de colaboradores na Maratón A Coruña 42

A Revista Planeta Running realizou un convenio de colaboración ca Maratón A Coruña 42. Esta revista especializada no atletismo, dedicará unha reportaxe deste importante maratón que se celebrará en Galicia no mes de abril. A revista ten importantes seccións que sen lugar a dúbidas axudan a mellorar o rendemento dos seus lectores.

En relación á Maratón A Coruña 42 lembramos que será unha das 5 maratóns de España autorizadas pola IAAF para facer mínima olímpica.

 
07/01/2012
Atletas inscritos no Maratón 42 e 10 Km. en ruta

Xa se pode ver as relación de inscritos nas carreiras do Maratón Coruña 42 e a Popular de 10 Km., que organiza a FGA conxuntamente co Concello da Coruña, o próximo 15 de Abril.

Inscritos Maratón Coruña 42 - Inscritos Popular 10 Km.

 
03/01/2012
A Gala do Atletismo Galego terá lugar o vindeiro venres día 3 de febreiro en Cerceda

O vindeiro día 3 de febreiro terá lugar en Cerceda a Gala Anual do Atletismo Galego. Nesta gala como ven sendo habitual recoñecerase publicamente os méritos dos atletas, adestradores e clubes galegos máis destacados na tempada 2010/11, así como de outras entidades. Mais de 100 premiados participarán no evento e perto de 300 asistentes presenciaran este evento. En breve publicarase o listado de premiados. A Federación Galega de Atletismo desexa agradecer a boa disposición do Concello de Cerceda e todo o seu equipo directivo para acoller este evento na súa localidade.

 
28/12/2011
O xuíz arbitro nacional Jorge Blanco e o GP Cantóns de Marcha da Coruña e, premiados na Gala do Deporte Galego

A Xunta celebrou onte en Ferrol a gala dos Premios do Deporte Galego, na que se recoñeceu o traballo de deportistas, clubs, árbitros, organizadores de eventos e patrocinadores públicos e privados ao longo da tempada 2010/11.
Os premiados polo atletismo foron o GP Cantóns da Coruña de Marcha Atletica recibio unha mención especial polos seus 25 anos, e o noso xuíz arbitro nacional Jorge Blanco Chao, recibiu o recoñecemento ao mellor arbitro-xuíz galego.
Dende a FGA queremos dar o parabén a todos as persoas que colaboran na organización de GP Cantóns ano tras ano e recoñecer o traballo de Jorge

 
19/12/2011
Xa está publicado o regulamento da I Maratón A Coruña 42 e o formulario de inscrición

Xa podes consultar a través do seguinte enlace o regulamento da I Maratón A Coruña 42.(Regulamento) Formulario de Inscrición na Maratón A Coruña 42 

Os atletas que desexen inscribirse na proba de 10 kilómetros que se celebrará conxuntamente ca Maratón, deberán facelo a través do seguinte enlace (Formulario de Inscrición na proba de 10 kilómetros)

 
20/11/2011
Elección mellores atletas do ano 2011

Por quinto ano consecutivo a Federación Galega de Atletismo invita a todolos afeccionado ó Atletismo a participar na elección dos mellores atletas galegos da pasada campaña. Deste xeito iníciase hoxe o proceso de votación mediante a nosa páxina web.
Esta votación será un dos criterios -non vinculante- que o Xurado dos premios (integrado por membros do atletismo galego e diversos representantes dos medios informativos galegos) terá en conta para elixir o gañador/a de cada unha das categorías 

Por erro non foi incluído o junior Rodrigo Avellaneda Garcia na categoria Sub´23, polo que unha vez incluído, a votos que tiñan todos os integrantes da citada categoria comezará a partir de cero.
A FGA pídelles desculpas
    [Votación]     [Ver resultados votación

 
11/11/2011
Tódolos programas de Citius Altius Fortius na súa propia web

Como complemento á programación semanal e para dar a oportunidade a tódolos seguidores de volver a ver os programa emitidos de "Citius, Altius, Fortius" a Federación Galega de Atletismo pon dende hoxe en marcha una nova sección adicada ó programa.

Este novo sitio web agrupará os videos do programa e permitirá, dun xeito cómodo, o seu visionado asi como a consulta dos contidos de cada un dos programas.

Citius, Altius, Fortius

O enderezo da sección é: www.atletismogalego.org/citius

Citius, Altius, Fortius ven emitindo con caracter semanal dende o 9 de abril na TVG2, a segunda canle da Televisión de Galicia, os sábado e domingos.

 
Últimas Novas
20/10/2011

O proximo sabado dia 22 de outubro, as pistas de atletismo do Estadio Municipal de Calabagueiros en O Barco acollerá o Criterium Galego de Lanzamentos de Outono, unha proba xa habitual nesta Delegación.
A proba estrela será o lanzamento de Xavelina onde tomarán parte o actual campión de España Promesa, Manuel Uriz e o subcampión Borja Barbeito que tratarán de mellorar o seu grandes rexistro de 72,00 e 67,75 desta tempada. Tamén competirá o campeon mundial de veteranos, o atleta local Luís Nogueira.
Á vez programouse a 13ª xornada da Copa Deputación, con probas para a categoría menores.

A competición dará comezo a partir de 15,30 coa celebración da proba de martelo, finalizando a xornada sobre as 19,30 horas 
Atletas inscritos

18/10/2011

O próximo dia 22 nas pistas de atletismo Gaeta Huguet (Castelló) será o escenario da última proba en pista do Calendario Nacional
A presenza galega na competición ostentara o ADAS de Valdeorras, que con esta cita ve premiada a súa mellor tempada de toda a historia do Club.
Co Adas competirán o Unicaja, ISS L´Hospitalet, Cova de Nerja, AD Maratón, Porto Alacante, Decatlon Kondy e Praias de Castelló.
A priori prevese unha forte loita entre a Praia de Castelló e o AD Maratón para facerse co titulo

05/03/2009
Para adaptar os distintos modelos que se veñen cubrindo no tocante ao pagamento de facturas por parte das Delegacións e da propia Federacion, vense de establecer o modelo de factura por indemnizacion de carácter individual MAE-1 que será o que se empregue no sucesivo. para o pagamento de calquer tipo. Para evitar erros na súa elaboración edítase unha pequena guía de comprensión. Malia todo elo, se houbera algunda dúbida ao respecto poderanse aclarexar consultando ca FGA.
04/03/2009

Ao longo desta tempada se veñen de incorporar unha serie de cambios que afectan ao área de Asuntos Económicos da F.G.A. e que obeceden a procura da millora en canto á axilizacion e a optimización dos recursos existentes. Unha das primeiras medidas adoptadas será a de domiciliar os gastos derivados por todo o colectivo atlético (xuices, atletas, destradores...) para esta tempada. Por elo todas as personas que tiveran algunha prestación de servizos de carácter individual con esta Federacion (a calquiera nivel) deberán envialo modelo adxunto sinalando como asunto “Domiciliación”.

Mais noticias
Inscripcións
On-line
Inscripcións
XOGADE
  • 28/01/2012
       Ourense. Intercomarcal Campo a Través Escolar
       Ferrol. IV Xornada Circuito Ferrolan - Interzonal de Campo a Traves
       A Coruña. CTO. GALEGO ABSOLUTO PISTA CUBERTA (Excepto 3.000)
  • 29/01/2012
       . Marcha por la Integración -SUSPENDIDA POR LOITO-
       Ssntiago. I CROSS DE COMPOSTELA CONCELLO DE SANTIAGO
       Santiago. CTO. GALEGO ABSOLUTO INDIV. E CLUBES DE CROSS
  • 01/02/2012
       Santiago. Control de marcas en pista
  • 03/02/2012
       Cerceda. Gala Anual do Atletismo Galego
  • 04/02/2012
       Ourense. Xornada promoción escolar- Modulo cuberto
  • 05/02/2012
       Pontevedra. CTO. GALEGO DE MARCHA RUTA
       Ferrol. L Trofeo Joaquiin Romero de Campo a Traves
       Villalba. Campionato Provincial de Campo a Traves
  • 11/02/2012
       Antequera. CTO. ESPAÑA PROMESA PISTA CUBERTA
       Vigo. Provincial Escolar de Cross
       A Pobra do Caramiñal. Provincial Escolar de Cross
       A Coruña. Cto. Provincial Escolar de Campo a Través
       Ourense. Cto. Provincial Escolar de Campo a Traves
       Pontevedra. Cross Escolar
  • 12/02/2012
       A Coruña. Control de marcas en pista cuberta
       Antequera. CTO. ESPAÑA PROMESA PISTA CUBERTA
       A Coruña. CTO. GALEGO CADETE PISTA CUBERTA e 3000 M.L. Absoluto
       Ourense. Cto. Provincial Absoluto de Cross
  • 18/02/2012
       A determinar. V Xornada Copa Deputación
       Vilagarcia. Circuito Gallego de Marcha Josefina Romero
  • 19/02/2012
       Ribadavia. 1/2 Maratón Viña Costeira Ribeiro Solidario
       Pontevedra. IV Torneo de Lanzamentos
  • 25/02/2012
       Vigo. CTO. GALEGO DE ESCOLAR DE CAMPO A TRAVES
       A Coruña. CTO. GALEGO XUVENIL-JUNIOR-PROMESA PISTA CUBERTA
  • 26/02/2012
       A Coruña. Control de marcas en pista cuberta
       Vigo. CTO. GALEGO DE INVERNO LANZAMENTOS LONGOS
  •  
    Contidos © Federación Galega de Atletismo - Software © GaliciaAtlética.com
    Avda. de Glasgow, 13 Complexo Deportivo de Elviña - 15008 A Coruña
    Teléfono: 981.29.16.83 - Fax: 981.29.20.56 - fgatletismo@telefonica.net